Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Vinte e nove contos / Quim Monzó ; tradución do catalán de María Xesús Lama López

por Monzó, Quim [autor/a]; Lama López, María Xesús [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Medusa.Editor: Santiago de Compostela :Sotelo Blanco ,2008 Edición: 1º ed.Descrición: 226 p ;21cm.ISBN: 8478245480.Materia(s): 821-G | Relato curto | Contos breves | Relatos -- TemasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña
Contido:
Historias con humor nas que o individuo queda en mans da casualidade.
Resumo: Un longuísimo coito sempre interrompido e prolongado unha vida enteira, a preparación dun atraco que remata nunha ridícula equivocación, a cruel carta dunha ex-moza que chega cando o destinatario xa se suicidou, un dexenerado confeso que cae en mans dunha obsesiva vexetariana, un escritor que descobre que todas as fantasías das súas novelas son en realidade premonicións que se van cumprindo a posteriori na súa propia vida, un neno obsesionado polo ritual familiar de cortarlles un dedo aos seus fillos ao chegar aos nove anos... son algúns dos personaxes e das historias que circulan por estes Vinte e nove contos de Quim Monzó. Esta selección da compilación publicada en catalán co título Vuitanta-sis contes é unha mostra do particular mundo do escritor catalán, que algúns críticos se atreveron a catalogar como o mellor escritor de contos de Europa. As obsesións, os equívocos, as particulares interpretacións da realidade que cambian unha vida enteira, as casualidades reais que constrúen o destino individual, a terrible incomunicación no ámbito máis íntimo, as rebelións que se revelan absurdas, en fin, a burla constante que nos fai a vida. Esa é a materia destes contos. Unhas historias nas que o individuo se converte a miúdo nun ridículo monicreque en mans da casualidade. Pero o peculiar humor con que se narran afasta definitivamente o ton da traxedia e incita a un sorriso permanente.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Castelao
Sala préstamo
849.9-3 7526 1 Dispoñible PED009000007526

Número de rexistro antíguo: 16507

Historias con humor nas que o individuo queda en mans da casualidade.

Un longuísimo coito sempre interrompido e prolongado unha vida enteira, a preparación dun atraco que remata nunha ridícula equivocación, a cruel carta dunha ex-moza que chega cando o destinatario xa se suicidou, un dexenerado confeso que cae en mans dunha obsesiva vexetariana, un escritor que descobre que todas as fantasías das súas novelas son en realidade premonicións que se van cumprindo a posteriori na súa propia vida, un neno obsesionado polo ritual familiar de cortarlles un dedo aos seus fillos ao chegar aos nove anos... son algúns dos personaxes e das historias que circulan por estes Vinte e nove contos de Quim Monzó.

Esta selección da compilación publicada en catalán co título Vuitanta-sis contes é unha mostra do particular mundo do escritor catalán, que algúns críticos se atreveron a catalogar como o mellor escritor de contos de Europa. As obsesións, os equívocos, as particulares interpretacións da realidade que cambian unha vida enteira, as casualidades reais que constrúen o destino individual, a terrible incomunicación no ámbito máis íntimo, as rebelións que se revelan absurdas, en fin, a burla constante que nos fai a vida. Esa é a materia destes contos. Unhas historias nas que o individuo se converte a miúdo nun ridículo monicreque en mans da casualidade. Pero o peculiar humor con que se narran afasta definitivamente o ton da traxedia e incita a un sorriso permanente.